World's Pollution

Contaminación acústica / auditiva.

· exceso de son que altera as condicións normales do ambiente nunha zona determinada.

Fai referencia ó ruido provocado polas actividades humanas que produce efectos nocivos sobre a saúde auditiva, física e mental das persoas.

· as principais causas son as relacionadas coas actividades humanas: transporte, construcción de edificios e obras públicas, as industrias, etc.

·hai organismos internacionais que afirman que se corre o risco de unha diminución importante na capacidade auditiva, así como a posibilidade de transtornos que van dende o psicolóxico (paranoia, perversión) ata o fisiolóxico pola excesiva exposición á contaminación sónica.

·un informe da Organización Mundial da Saúde (OMS), considera os 50 dB (a) como o límite superior desexable.

·en España, establécese como nivel de confort acústico os 55 dB (a). Por riba deste nivel, o son resulta pernicioso para o descanso e a comunicación.

·segundo estudos da Unión Europea (2005): 80 millóns de persoas están expostos diariamente a niveis de ruido ambiental superiores a 65 dB (a) e os outros 170 millóns, estano a niveis entre 55-65 dB (a).

Medición do ruido ambiental, indicadores:

-“nivel de presión sonora”, Lp

-Nivel de presión sonora continuo equivalente, (Leq, T)

-SEL , Nivel de exposición de son

-LAmax.

-LKeq, T “nivel de presión sonora continuo equivalente ponderado Ha corrixido”

-LDN, Nivel equivalente día-noite

Efectos do ruido sobre a saúde

·efectos auditivos: o sistema auditivo resíntese ante unha exposición prolongada á fonte de un ruido, aínda que sexa de baixo nivel. Denomínase socioacusia. Cando isto sucede, notase un silbido no oído, e os efectos dos danos poden prolongarse sobre 10 días. Pero se a exposición a fonte do ruído non cesa, as lesións serán definitivas, e denomínaselle sordeira.

Os sons repentinos (explosión, disparo,..) de 160dBa tamen poden producir lesións:

-desprazamento temporal do umbral de audición (TTS): elevación do umbral producida pola presenza dun ruido, existindo a recuperación total ó cabo de un período.

-desprazamento permanente do umbral de audición(PTS): cando alguén se somete a numerosos TTS durante longos períodos a recuperación do umbral vai sendo cada vez máis lenta ata volverse irreversible. Isto tamén está ligado á presbiacucia (perda da sensibilidade auditiva debida ós efectos da idade).

-interferencia na comunicación oral.

-efectos psicopatolóxicos: dilatación das pupilas, aceleración do pulso, aumento da presión arterial,..

-efectos  psicolóxicos: fatiga, estrés, ansiedade, histeria, insomnio,..

-efectos sobre o soño, sobre a conducta, na memoria, na atención, no embarazo, sobre os nenos,..