World's Pollution

Contaminación atmosférica.

·presenzas na atmosfera de substancias nunha cantidade que implique molestias ou riesgo para a saúde das persoas e dos demais seres vivos, ou bens de outra natureza.

-contaminantes primarios: emítense directamente á atmosfera. Por exemplo, o dióxido de xofre.

-contaminantes secundarios: fórmanse mediante procesos químicos atmosféricos que actúan sobre os contaminantes primarios ou sobre especies non contaminantes na atmosfera. Por exemplo o ácido sulfúrico.

Ambolos dous contaminantes poden depositarse na superficie terrestre, o que acarrea problemas para os animales, para os ecosistemas acuáticos, para os montes, para as colleitas, para os materiais e para a saúde das persoas. Para controlar este risco nos diferentes países, existen redes de vixiancia da contaminación atmosférica.

·diferéncianse dous tipos de contaminantes do aire:

-contaminantes gasosos: os máis comúns son o dióxido de carbono, o monóxido de carbono, os hidrocarburos, os óxidos do nitróxeno, os óxidos do xofre e o ozono, producidos por fontes como a queima de combustibles fósiles, o consumo de tabaco, a actividade de diversas industrias, os volcáns, os incendios,..Un tipo moi común é o smog, unha niebla tóxica.

-aerosois: son unha mestura heteroxénea de partículas sólidas ou líquidas suspendidas nun gas. Ó respiralas, poden danar os pulmóns.

·gases contaminantes:

-CFC(clorofluorocarburos): contribúen á destrucción da capa de ozono na estratosfera, polo que incrementan o efecto invernadoiro.

-Monóxido de carbono: é produto da combustión incompleta, e resulta moi perigoso para a saúde, xa que fíxase na hemoglobina do sangue, impedindo o transporte de osíxeno ó organismo.

-dióxido de carbono, o aumento da concentración de CO2 na atmósfera está a causar un incremento do efecto invernadoiro.

-monóxido de nitróxeno, ó oxidarse convírtese en ácido nítrico (HNO3), producindo chuvia ácida.

-dióxido de xofre, ataca ós materiais da construcción e ó oxidarse forma ácido sulfúrico (H2SO4), compoñente da chuvia ácida.

-metano, é un gas de efecto invernadoiro.

-ozono, pode afectar ás plantas e a nosa saúde.

Efectos dos gases da atmosfera no clima.

-efecto invernadoiro: evita que unha parte do calor recibido do sol volva ó espacio, o que quenta a superficie terrestre.

-dano á capa de ozono: a existencia de esta capa é crucial para a vida terrestre, xa que absorbe os raios UV que nos chegan á superficie do planeta.

-a contaminación atmosférica tamén pode producir smog, néboas contaminantes.

Contaminantes provintes de fontes naturais

-incendios forestais, que emiten COVs (compostos orgánicos volátiles).

-partículas de pó creadas pola erosión do solo.

-volcáns, que expulsan dióxido de xofre e cinzas volcánicas.

-metano, formado en procesos de pudrición de materia orgánica.

Efectos nocivos para a saúde.

Este tipo de contaminación pode producir quebranto na función pulmonar, aumento dos ataques cardíacos, enfermedades pulmonares ou cardíacas, causar problemas ás persoas que padecen asma,..

Dispositivos de control

-Precipitadores electrostáticos, y filtros de aire

-Carbón activado

-Condensadores

-Convertidores catalíticos

-Recirculación de gases de escape

-Desulfuración de gas de flujo y otros gas scrubbers

-Columnas incineradoras