World's Pollution

Contaminación do solo

 

·aparece ó producirse unha ruptura de tanques de almacenamento subterráneo, aplicación de pesticidas, filtracións de recheos sanitarios ou de acumulación directa de productos industriais.

-Este fenómeno está relacionado co grado de industrialización e intensidade do uso de químicos.

Causas:
-erosión, por medio do aire e da auga.

-contaminación, coa depositación de substancias químicas e lixo.

-compactación, xerada polo paso de animais, persoas ou vehículos.

-expansión urbana.
 

Axentes:
-plaguicidas e pesticidas.
-insecticidas: un dos máis usados é o DDT, que pode manterse 10 anos ou máis no sólo, e non se descompón. Este tipo de insecticidas, denominados organoclorados, introdúcense nás cadenas alimenticias, concentrándose no texido graso dos animais.

  -tamen existen outros insecticidas biodegradables que non se concentran, pero que a súa acción tóxica está asociada ó mecanismo de transmisión do impulso nervioso, polo que produce unha descoordinación no sist nervioso dos organismos contaminados.

-herbicidas.
-fungicidas: conteñen xofre e cobre.

-actividade mineira: contamina os solos a través das augas, xa que chegan a elas certos elementos químicos como o Hg, Cu, Cd, As, Pb,..Algúns dos efectos tóxicos son: alteración no sist nervioso, diminución do coeficiente intelectual (en nenos), alteración no carácter (en adultos), alteracións a nivel pulmonar,..

-lixo: o lixo que permanece moito tempo en un lugar orixina problemas no solo e nas augas subterráneas e superficiais do mesmo, interrompendo os ciclos bioxeoquímicos e contaminando as cadeas alimenticias.

Consecuencias:
-efectos nocivos para o home, para a fauna e para a vexetación.

-diminución da presenza das substancias químicas no estado.

-degradación paixasística.
-perda de valor do solo.
Tratamento e recuperación, estratexias:

-escavar no solo e removelo a un sitio fora do contacto con ecosistemas sensibles e/ou humanos.

-aeración do solo contaminado(atendendo ó risco de crear polución no aire).

-biorremediación, con dixestión microbiana para certos contaminantes orgánicos.

-extracción do agua freática ou de vapor do solo cun sist activo electromecánico, ca subsecuente acumulación do contaminante do estrato.

-concentrado dos contaminantes e enterrado o pavimento no lugar.