World's Pollution

Contaminación por basura.



·considérase basura todo material resultante dun proceso de fabricación, transformacións, utilización, consumo ou limpeza, cando o seu propietario ou productor o abandoa por carecer de utilidade.

Tipos:



-RSU (residuos sólidos urbanos): xéranse debido á actividade doméstica e os producidos nos servizos dos núcleos urbanos, ademais dos procedentes da limpeza das vías públicas, etc.

-Sanitarios: xerados polas actividades de atención médica e dos laboratorios. Precisan un tratado específico.

-Industriais: xerados pola actividade industrial. Grupos:

  -inertes:entullos, non reactivos.

  -similares a RSU: restos de comedores, lixo de oficinas,etc.

  -residuos perigosos: supoñen un perigo para a saúde ou para o medio (metais pesados, éteres, cianuros, ..)

-Agrarios: procedentes da agricultura, gandería, pesca, explotacións forestais ou da ind. Alimentaria.

-Gandeiros: poden ser sólidos ou líquidos, producen contaminación nas augas subterráneas e a chegada de purines á auga estancada fai que crezan algas o que impide a chegada do O2 e da luz á parte baixa das augas (eutrofización).

-residuos radioactivos: emiten radioactividade, son perxudiciais para a saúde, precisan tratados especiais.

Xestión dos residuos: conxunto de operación para dar ós residuos o destino global máis axeitado dende o  punto de vista ambiental e sanitario. Principios a seguir:

-prevención: a producción de residuos debe evitarse ou reducirse.

-quen contamina, paga: o productor dos residuos debe responsabilizarse dos custos.

-precaución: os problemas deben anticiparse.

-proximidade: os residuos deben ser eliminados preto da súa orixe.

Fases:
1)Recollida e transporte.
2)Tratamento. Tipos: -depósito en vertedoiros (vertedura sen control ou controlada).

-compostaxe: os restos utilízanse para a producción de abono (descomposición aerobia da materia orgánica en condicións controladas). É un rexenerador orgánico do solo (fertilizante orgánico).

-incineración: transforma a fracción orgánica en materia inerte e gases. A calor obtida no proceso pódese aproveitar (calefacción, enerxía eléctrica,..). O problema é que xera substancias contaminantes.

-tratamento biolóxico: mediante a fermentación anaerobia (metano, CH4). Isto produce biogás, usado como combustible.

3)Eliminación ou reciclaxe.
·a regra dos tres erres é fundamental:

1)reducir

2)reutilizar

3)reciclar: utilizar os residuos como materia prima para elaborar outros productos, o que permite o aforro de materias primas, reduce a xeración de residuos, a contaminación e o consumo de auga e enerxía.

Recollida de residuos

Ten que ser moi selectiva.

En España, carécese das instalación suficientes, hai vertedoiros incontrolados, pouca reutilización e reciclado..en xeral, a población non está conciencia con este problema medioambiental.